Artigo: IA, esencial para as PEMES

Cerra a brecha dixital e multiplica a túa eficiencia

A IA deixou de ser unha promesa tecnolóxica para converterse nunha ferramenta operativa esencial. Sen embargo, en España existe unha brecha preocupante: mentres o 58% das grandes corporacións xa a integran, apenas unha de cada dez PEMES a utiliza de forma habitual.

Este desfase non é só numérico; tradúcese nunha perda directa de productividade e capacidade competitiva fronte a empresas tecnoloxicamente avanzadas.

A infrautilización da intelixencia artificial responde a unha combinación de barreras económicas, técnicas e, sobre todo, culturais. Moitos empresarios perciben a implementación como un gasto inasumible ou teñen medo da ciberseguridade e da protección dos datos sensibles. A isto sumase un déficit en competencias dixitais e a lóxica resistencia ao cambio organizativo.

Non obstante, a realidade demostra que é posible implementar solucións de IA que maximicen a eficiencia minimizando os riscos.

A adopción da IA ofrece vantaxes cuantificables que transforman o día a día do negocio:

Ignorar esta evolución conlleva un risco real de obsolescencia tecnolóxica e unha perda progresiva de mercado fronte a competidores máis áxiles.

Para avanzar, é necesario derribar os prexuizos que frean o crecemento:

  1. “É demasiado caro”: falso. As ferramentas xenerativas como ChatGPT Empresa ou Copilot teñen un custo de 20–30 € mensuais por usuario, cun retorno de inversión en menos de seis meses. Ademais, programas como o Kit Digital ofrecen subvencións de ata 12.000 €.
  2. “Os meus datos non estarán seguros”: os riscos de filtracións mitigánse mediante o uso de IA local ou offline. Ao procesar a información en servidores propios sen conexión externa, a privacidade é total.
  3. “Adestrar a IA exporá o meu know‑how e as miñas patentes”: ao contrario, usar versións locais permite adestrar modelos con datos internos de forma privada, creando unha vantaxe competitiva única sen expoñer secretos comerciais.
  4. “Non sabemos usala”: aínda que a formación é crítica, existen cursos básicos de 80–90 horas que permiten dominar estas ferramentas e duplicar os resultados operativos.

A intelixencia artificial non é un privilexio das grandes contas; é unha aliada estratégica accesible. A diferenza entre adoptala ou ignoralo supón unha brecha de productividade do 20–30%. Con solucións de baixo custo, modelos locais que garanticen a seguridade e formación especializada, o camiño cara á digitalización está despexado.

¿Falamos e transformamos o teu negocio?