A Vaquiña Polo que Val

Consultoría dixital


Tecnoloxía Sen Barreiras

Maior de pé xunto á lareira sostén unha tablet coas iconas de WhatsApp e chamadas, simbolizando o acompañamento dixital para persoas maiores.

Acompañamento dixital para maiores sen complicacións.

Temos claro que nunca é tarde para aprender. Nós estamos aquí para axudarche paso a paso.

  • Clases adaptadas ao teu ritmo: aprende a usar o móbil, ordenador ou tablet sen présas nin complicacións
  • Xestión de Correos e Apps: axuda para enviar mensaxes, xestionar fotos e usar WhatsApp con seguridade
  • Compras en Liña Seguras: acompañamento para mercar de forma fiable e sen riscos
  • Resolución de problemas: solucións rápidas para calquera dúbida ou erro técnico
  • Videochamadas con Familiares: configuración e axuda para conectar con fillos e netos de forma sinxela
  • Atención Presencial ou remota: asistencia personalizada na túa casa ou a través de videochamada