Artigo: Quen somos e por que somos diferentes.

Logo dourado da vaquiña con debuxo da cabeza dunha vaca e texto "A Vaquiña Polo Que Val" e "Consultoría dixital galega"

A Vaquiña Polo Que Val.

Promesas baleiras, facturas desorbitadas e resultados invisibles. Esta é a realidade que moitos negocios galegos viven co marketing dixital actual.

Nós decidimos cambialo. A Vaquiña Polo Que Val nace como unha axencia diferente: transparente, accesible e con resultados que se poden medir de verdade.

Neste artigo descubrirás quen somos, por que nacemos e como axudamos a PYMEs galegas a sobrevivir e crecer no mundo dixital. Sen tecnicismos innecesarios, sen enredos. Só marketing polo que val.

O ano pasado (2025), só en Galicia, pecharon máis de 1.000 negocios.
Iso significa 89 comercios ao mes. Tres negocios que dixeron adeus cada día na nosa comunidade.​
Tendas de toda a vida, negocios familiares, comercios rurais que resistiron crises económicas, pandemias e cambios de xeración… pero non puideron coa transformación dixital.
Como profesionais do marketing, non podíamos quedarnos de brazos cruzados ante esta realidade. Así que analizamos por que tantos negocios galegos estaban a desaparecer cando o comercio online non deixaba de crecer.

A nosa análise revelou dous problemas principais que estaban a matar os negocios locais:

Axencias incomprensibles e inaccesibles

Os negocios que si intentaron dixitalizarse atopáronse con axencias que:
– Falaban en tecnicismos imposibles de entender

– Cobraban prezos desorbitados (1.500-3.000€/mes) inasumibles para unha PYME

– Non mostraban resultados claros nin medibles

-Trataban os pequenos negocios como “clientes de segunda”

O resultado: Frustración, diñeiro perdido e a sensación de que “o mundo dixital non é para nós”.

Descoñecemento total do marketing dixital

A maioría destes negocios non sabían nada sobre posicionamento en Google, redes sociais efectivas ou como captar clientes máis alá dos que pasaban fisicamente pola súa porta. Non por falta de ganas, senón por falta de acceso a esa información.​

En A Vaquiña non só nos preocupamos por salvar negocios. Tamén nos importan as persoas que hai detrás.
Por iso, ademais de ofrecer servizos de marketing dixital, temos un compromiso social coa inserción dos nosos maiores no contorno dixital.​

Resultados medibles, non promesas baleiras
Non che diremos “aumentaremos a túa visibilidade”. Por exemplo, diremosche: “Hai tres meses tiñas 300 visitas na túa páxina web ou tenda dixital, agora tras as operacións de marketing realizadas, as visitas aumentaron un 40%. Agora son 120 visitas máis e desas 70 convertirónse en novos clientes”.

E, dependendo do servizo que contrates, podemos ofrecerche seguimento continuo, informes mensuais ou axudarche a fácelo ti mesmo.

Transparencia total en procesos e prezos

Saberás exactamente que facemos, como o facemos, canto custa cada servizo e por que o recomendamos. Sen sorpresas na factura, sen cargos ocultos, sen letra pequena.​
Os nosos paquetes comezan dende 200€*/mes. Porque o marketing dixital non debería ser un luxo reservado para grandes empresas.

Os nosos servizos son concretos e efectivos:

Auditorías SEO completas: Analizamos a túa web e dámosche un plan de acción claro para mellorar o teu posicionamento en Google.

-Xestión de redes sociais: Contido auténtico que conecta coa túa audiencia local, non fotos de stock sen alma.

-Google Ads optimizado: Campañas publicitarias que xeran clientes reais, non só clics baleiros.

-Deseño web minimalista: Páxinas rápidas, bonitas e que converten visitantes en clientes.

-Videomarketing con IA: Contido visual moderno sen gastar fortunas en produción.
E moito máis… Clica en “Visita a nosa páxina principal” para ver toda a nosa oferta. E contacta con nós, sen compromiso.